Adam Somogyi reforza o posto de base no Breogán
Adam Somogyi reforza o posto de base no Breogán
O internacional húngaro procede do Andorra e pode xogar na posición de escolta
O Río Breogán chegou a un acordo para incorporar o base Adam Somogyi para a tempada 2024/2025.
Somogyi (Budapest, 30 de xuño de 2000) formouse en España en clubs como Betis, Torrelodones e Zamora, antes de regresar ao seu país e xogar dúas tempadas no DEAC. En 2021 xoga no Falco KC do seu país e a seguinte tempada, a 2022/23 xoga tamén en Hungría no Alba Fehervar, onde promedia 12,1 puntos, 3,8 rebotes e 4 asistencias por encontro.
Na pasada tempada, Adam Somogyi formou parte do Morabanc Andorra onde promediou 3,5 puntos e 1,1 rebotes cun 38,7% en tiros de tres.
Adam Somogyi, internacional coa selección de Hungría, está considerado xogador de formación, é un base novo, con gran físico, capacidade de dirección e bo tiro exterior.
Pode, ademais, xogar na posición de escolta e defender xogadores en varias posicións exteriores.
Adam Somogyi únese ao Río Breogán
— Río Breogán (@CBBreogan) July 5, 2024
Benvido! #ForzaBreo #FagamosEquipo https://t.co/vUhN47tXd7 pic.twitter.com/OYISsSI0gK