Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un ano do falso atraco á administración de lotaría El Duende de Lugo

Un ano do falso atraco á administración de lotaría El Duende de Lugo

O loteiro declarou que o asaltaran dous individuos encapuchados armados cunha pistola e que lle levaran 400.000 euros

Os investigadores desmontaron a versión grazas ás gravacións dunhas cámaras de seguridade

Os dous cómplices confesaron e o loteiro devolveulle os cartos a Lotarías do Estado

Guillermo Rodríguez, o loteiro que supostamente simulou o asalto, está imputado por tres delitos
G24.gal 03/01/2025 11:21 Última actualización 03/01/2025 11:45

Este sábado fai un ano do suposto atraco á administración de lotaría El Duende, no barrio lucense da Milagrosa. Daquela, o dono do establecemento denunciara que dous individuos encapuchados e armados con pistolas o asaltaran e lle levaran 400.000 mil euros. Ás poucas semanas o caso deu un xiro e o loteiro pasou de vítima a investigado por simular supostamente o atraco. Un ano despois, a administración segue pechada e o loteiro pendente de xuízo.

Os investigadores axiña sospeitaron da versión de Guillermo e, despois dun mes, o caso deu un xiro: a xuíza citouno a declarar como investigado. Foron claves as gravacións das cámaras de seguridade dunha lavandería próxima. A confesión dos seus cómplices, un home e unha muller cos que pactara repartir os cartos do botín, obrigou a Guillermo a confesar o falso atraco, do que está acusado como autor intelectual.

Coñeceuse entón que o botín real fora de 240.000 euros, que o loteiro xa devolveu voluntariamente a Lotarías do Estado. O proceso está pendente de xuízo. Guillermo está imputado polos delitos de intento de estafa, apropiación indebida e simulación de delito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade