Cargando resultados...
Adi Iglesias aspira a selar no Mundial a clasificación para París 2024
A medallista paralímpica visitou os estudios da Televisión de Galicia
G24.gal
27/12/2022 22:20
Despois de conseguir dúas medallas en Tokyo, Adi Iglesias prepara os Xogos de París. E precisamente na capital francesa, no mundial de 2023, pode selar a súa clasificación.
Un mundial que enfoca cara á velocidade pura: 100 e 200 metros, malia que en Tokyo foi subcampioa olímpica tamén nos 400 metros.
Acostumada a correr sen pensar nos límites, prefire centrarse no camiño sen poñerse barreiras que derrubar.