Publicador de contidos
Publicador de contidos

Admitida a trámite a denuncia contra o Barça polo caso Negreira

Admitida a trámite a denuncia contra o Barça polo caso Negreira

Segundo o Ministerio Fiscal, os pagos realizados polo club catalán poderían ser constitutivos de ata tres delitos

G24.gal 15/03/2023 14:13 Última actualización 15/03/2023 14:17

O xulgado de Instrución número 1 da capital catalá admitiu a trámite a denuncia da Fiscalía contra o FC Barcelona e José María Enríquez Negreira polos pagos millonarios da entidade blaugrana ao exvicepresidente do Comité Técnico de Árbitros.

Segundo o Ministerio Fiscal, estes pagos realizados polo club catalán entre 2001 e 2018 e que ascenden a 7,3 millóns de euros, poderían ser constitutivos dun delito continuado de corrupción entre particulares no ámbito deportivo, un delito continuado de administración desleal e un delito continuado de falsidade en documento mercantil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade