Publicador de contidos
Publicador de contidos

Adri colga as botas malia ter un ano máis de contrato co Parrulo

Adri colga as botas malia ter un ano máis de contrato co Parrulo

Adri: "Non podo cobrar un contrato que non merecería"

G24.gal 23/05/2024 12:46 Última actualización 23/05/2024 12:53

Primeiro foi Pola e agora colga as botas Adri, outro galego ilustre no fútbol sala español. Unha despedida en que o ferrolán non puido conter as bagoas.

Aínda lle restaba un ano de contrato no Parrulo, pero Adri decidiu que era o momento de poñer fin á súa brillante carreira.

"Chegou o momento de dicir... ata aquí. Decisión dura pero correcta".

"Non podo cobrar un contrato que non merecería".

Sete anos en Ferrol, antes tivo a aventura en Rusia pasando tamén polo Azkar Lugo e o Pozo Murcia.

Internacional absoluto, no palmarés de Adri hai dúas Supercopas de España, una Recopa de Europa e unha Copa do Rei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar