Publicador de contidos
Publicador de contidos

Noia e Burela agardan xa polos seus rivais na Primeira División FS

Noia e Burela agardan xa polos seus rivais na Primeira División FS

Os dous equipos galegos xa coñecen o seu calendario para a tempada 2024/25

O Portus Apostoli comeza a súa andadura ante o Ribera Navarra e Burela recibe o Xaén

O primeiro derbi será na Mariña o 4 de xaneiro

G24.gal 24/07/2024 12:16

Aínda quedan dous meses para que a pelota bote a rodar, mais Noia Portus Apostoli e Pescados Rubén Burela xa coñecen desde o hoxe a orde na que se enfrontarán ao resto de equipos da Primeira División FS. 

A liga terá lugar desde o 12 de outubro ata o 24 de maio, comezando os noiseses no Agustín Mourís, onde recibirán o Tudelano Ribera Navarra FS. Ao Burela espéralle un comezo de competición complicado. Verase co Xaén Paraíso Interior FS, terceiros na fase regular da tempada pasada.

Os dous enfrontamentos entre os conxuntos galegos tamén teñen data. Burela acollerá o primeiro 'derbi' o 4 de xaneiro, nas vésperas do Día de Reis. Pola súa parte, o segundo encontro darase o 15 de marzo na xornada 22.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos