Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milleiros de persoas degustan o bonito de Burela na súa festa gastronómica

Milleiros de persoas degustan o bonito de Burela na súa festa gastronómica

Para esta fin de semana preparan uns 3.200 quilos de bonito do norte

Pódese degustar de diferentes maneiras: á grella, en salpicón ou con fabas de Lourenzá

Esta festa gastronómica foi declarada de Interese Turístico Nacional

G24.gal 03/08/2024 15:46

Os mariñeiros máis vellos din que Burela está feita das costeiras do bonito, coñecido como o príncipe do mar e nesta feira é o rei. Levan 38 anos exaltando o que é un dos seus produtos estrela da súa lonxa.

Para esta fin de semana teñen preparados 3.200 quilos de bonito do norte para poder degustar de diferentes maneiras: á grella, en marmitako, en salpicón ou con fabas de Lourenzá e tamén con opcións para os celíacos.

Os prezos van desde os 3 ata os 10 euros a ración. Son 120 veciños e veciñas os que traballan arreo e en cadea para que o bonito do norte chegue aos milleiros de visitantes, que gozan da calidade suprema do bonito de Burela, emblema e símbolo de identidade desta vila mariñeira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade