Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día grande da festa do Pan de Cea, coa degustación de máis de 1.500 "poias"

Día grande da festa do Pan de Cea, coa degustación de máis de 1.500 "poias"

É a XXXI Festa de Exaltación do Pan de Cea, o primeiro con IXP de Europa, e aspira a ser de Interese Turísitico Nacional

A tradicional receita do pan desta localidade xa conta con 800 anos de historia

Degustación do Pan de Cea na XXXI festa de Exaltación este domingo
G24.gal 07/07/2024 15:39

Dia grande das festas en San Cristovo de Cea con música, polbo e, por suposto, moito pan.

As previsións de onte quedaron desbordadas pola afluencia de xente ás rutas polos sete fornos restaurados que fixeron xornada de portas abertas amosando o método de cocción tradicional que segue a mesma receita de hai oitocentos anos.


Unha festa que xa é de interese turístico galego e aspira a ser de interese nacional o ano vindeiro. O que vén, repite.

O pan de Cea foi o primeiro de Europa en ter o recoñecemento de indicación xeográfica protexida. É mundialmente coñecido e cada ano elabóranse unhas 750.000 pezas que chegan as mesas de toda España, Italia ou Venezuela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade