Publicador de contidos

Publicador de contidos

O cocido vegano desafía a tradición cunha receita sen rastro de carne

O cocido vegano desafía a tradición cunha receita sen rastro de carne

Cada ano gaña adeptos e xa hai varios restaurantes galegos que o ofertan

Chourizo e costela de soia substitúen o porco nunha destas versións vexetais 

 

G24.gal 07/03/2025 14:19

A simple vista custa distinguilo, pero que pasará ao probalo? É posible tomar un bo cocido que non contemple o porco na receita?

"Eu non o probei, pero son moi carnívoro, non sei eu"; "Habería que probalo, pero igual non ha de saber"; "Eu prefiro o tradicional, con touciño, con chourizo, con polo..."; "Cocido vegano? Soa ben, así todo o mundo pode gozalo"; "Eu son vexetariana e encántame, así como menos graxa, máis san".

Neste restaurante de Compostela levan catro anos facendo a versión vexetal do cocido, e os encargos non deixan de medrar. Verzas, patacas, garavanzos e petote de millo aparecen acompañados no prato. Pero non de carne, senón de soia.

"Facemos a forma da costela con soia hidratada e un pau de chirimía que simula o óso. A carniña son filetes de soia e tamén poñemos chourizo vexetal. Todo condimentado con pemento picante, porque o adubo dá moito ese sabor característico do cocido", explica Lucía Eiras, do restaurante vegano Entrepedras.

A idea é ofertar unha alternativa a todos aqueles que non comen carne nin proteína de orixe animal. Ou aos que si a comen, pero queren innovar.

"Non só vivimos da clientela vegana. Veñen moitas familias que, ao mellor teñen algún fillo vegano, pero todos proban a nosa carta. Tamén veñen as veciñas, todo tipo de xente que vén probar algo diferente", engade Lucía Eiras.

O viño e o pan veganos para acompañar o cocido tamén están na carta. E para rematar, sobremesas sen leite nin ovo, para poñer o punto doce. Para darlle unha volta á tradición sen renunciar aos praceres do Entroido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade