Publicador de contidos

Publicador de contidos

Crece a demanda de comida asiática, tanto na restauración coma nos supermercados

Crece a demanda de comida asiática, tanto na restauración coma nos supermercados

Por todo o país cada vez son máis comúns os negocios hostaleiros e comerciais centrados na gastronomía oriental

Un prato de ramen nun restaurante de Lugo
Félix Aragunde 05/03/2025 20:23 Última actualización 05/03/2025 20:40

Os restaurantes especializados en ramen están de moda, como este de Lugo aberto hai escasos meses. Nel non só se elaboran fideos fervidos e servidos de moi diversas formas, senón tamén arroces ou baos.

"O pasado Arde Lucus abrimos este local, Ramen Shifu, e xa abrimos dous máis. Á parte de ramen, temos arroces, noodles ou entrantes como gyozas, takoyakis ou pan bao", afirma Iván Ruan, hostaleiro e comerciante.

Coma este local lucense, por todo o país cada vez son máis comúns os negocios hostaleiros centrados na gastronomía oriental. E outro tanto ocorre coas tendas de alimentación.

De feito, a escasos metros deste restaurante está preparándose para abrir as súas portas un supermercado de 500 metros cadrados que vai ofrecer un volume de referencias de comida asiática nunca antes visto en Galicia. 

"Será o maior supermercado asiático de toda Galicia, con máis de 10.000 referencias. Teremos produtos frescos, non perecedoiros, snacks ou bebidas", sostén Iván Ruan

"Teremos tamén un comedor onde os nosos clientes poderán desgustar os nosos produtos. Tamén contaremos con venda en liña, para dar a facilidade de adquirilos dende a casa", indica Javier Díaz, encargado do supermercado de comida oriental.

A China, O Xapón, Tailandia ou Corea son algúns dos países de onde proceden os produtos que ofrecen estes negocios centrados na gastronomía do Extremo Oriente.

A estética manga adoita estar presente nos locais dedicados á gastronomía do Extremo Oriente A estética manga adoita estar presente nos locais dedicados á gastronomía do Extremo Oriente
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade