Cargando resultados...
O 'campanu' do mar: os primeiros bonitos do norte poxáronse a 339 euros o quilo en Avilés
O 'campanu' do mar: os primeiros bonitos do norte poxáronse a 339 euros o quilo en Avilés
É o prezo máis baixo dos últimos cinco anos, 31 euros menos ca o ano pasado
O patrón do pesqueiro vasco que pescou os bonitos nos Açores
G24.gal
20/05/2024 22:33
Os primeiros bonitos do norte, os campanus do mar, chegaron este luns á poxa de Avilés desde os Azores e vendéronse a 339 euros o quilo.
Parece moito, pero é o prezo máis baixo dos últimos cinco anos, 31 euros menos ca o ano pasado.
Este prezo extraordinario só é na primeira tina de peixes. Os restantes tres mil e pico quilos rulados saíron a unha media de 14 euros o quilo e chegarán ao consumidor a uns 17.
O supermercado asturiano que os mercou doounos á Cociña Económica de Oviedo.