Adrián Ben logra a súa mellor marca nos 800 en pista cuberta
Adrián Ben logra a súa mellor marca nos 800 en pista cuberta
Días despois de non entrar na selección para o Mundial, o viveirense demostra o seu bo momento de forma acadando un tempo de 1:45:76 en Madrid
Adrián Ben segue amosando o seu bo momento de forma e logrou no Meeting de Madrid a mellor marca da súa historia na proba dos 800 metros en pista cuberta. Ben acadou o terceiro posto e fíxoo cun sensacional 1:45:76, rebaixando en case tres décimas o seu mellor rexistro que estaba por riba dos 1:46.
A vitoria foi para o romanés Tecuceano con 1:45:00. Por diante de Adrián Ben acabou Attaoui, o atleta que lle quitou a posibilidade de estar na cita de Glasgow.
Tecuceanu agua la fiesta española en el 800m de Gallur #MeetingMadrid
— Teledeporte (@teledeporte) February 23, 2024
El italiano se convierte en líder mundial del año con su 1:45.00 y se lleva la victoria por delante de Attaoui (@attaoui800) y Adrián Ben (@adryben44)
📺En directo: https://t.co/2IKv7J2tQS pic.twitter.com/8TYjIdEr2u