Publicador de contidos
Publicador de contidos

Agromuralla anima os gandeiros a reclamar polo cártel do leite

Agromuralla anima os gandeiros a reclamar polo cártel do leite

O colectivo asegura que as indemnizacións serán unha inxección económica e moral no futuro 

Os gandeiros poden reclamar ata tres céntimos por litro vendido entre 2000 e 2013 Os gandeiros poden reclamar ata tres céntimos por litro vendido entre 2000 e 2013
G24.gal 14/03/2024 13:00

Miles de gandeiros de toda España están xa demandando que lles devolvan os cartos que lles roubou a industria láctea durante anos, tras a sentenza da Audiencia Nacional que confirmou a existencia dun cártel do leite.

Desde o colectivo Agromuralla de Lugo animan os afectados a que reclamen as indemnizacións que poden ascender, de media, a cen mil euros por granxa. Os gandeiros poden reclamar entre 3 e 4 céntimos por litro de leite vendido entre os anos 2000 e 2013, máis intereses. 

O bufete de avogados Eskariam xa está tramitando máis de sete mil reclamacións. Explican que se poden reclamar as devolucións aínda que se vendera o leite a empresas que non formen parte do cártel porque, explican, a sentenza establece que todas as industrias foron responsables deste comportamento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar