Cargando resultados...
Alberto mantén a porta a cero malia xogar o Fabril con dez máis dunha hora
Empate sen goles entre os filiais de Deportivo e Valladolid
G24.gal
19/01/2025 13:52
Non houbo goles no partido que xogou o Fabril contra o Valladolid Promesas (0-0). Iso malia xogar o cadro coruñés con dez durante máis dunha hora pola expulsión de Aarón nunha xogada na que evitou un man a man de Jorge Delgado.
O Valladolid gozou das mellores ocasións do partido pero atopouse coa inspiración do porteiro e capitán Alberto Sánchez.