Alcaraz reponse do susto inicial e remonta diante de Tommy Paul
Alcaraz reponse do susto inicial e remonta diante de Tommy Paul
O tenista murciano chega ás semifinais en que se medirá a Medvedev
Tivo un gran susto Carlos Alcaraz que comezou perdendo o primeiro set por 5-7. O estadounidense rompeulle o servizo xusto antes de chegaren ao tie break e puxo contra as cordas o tenista murciano. Pero a partir dese intre, Alcaraz foi un ciclón que lle pasou por riba ao seu adversario.
Non deixou respirar a Tommy Paul no segundo set e conseguiu levalo por 6-4. Xa estaba en modo asoballador e no terceiro sacouno da pista cun 6-2 que non deixou lugar a dúbidas. Paul tiña unha última opción de volver meterse no partido no cuarto set, pero non tivo ningunha posibilidade. Alcaraz acadou catro xogos seguidos (5-1) e acabou rematando co seu servizo para impoñerse no cuarto por 6-2.
No outro cuarto de final do seu cadro, Medvedev sorprendeu a Sinner, número un do mundo, e será o rival de Carlos Alcaraz nas semifinais.