Cargando resultados...
Alcaraz proclámase campión do Aberto da China tras vencer a Sinner
Alcaraz proclámase campión do Aberto da China tras vencer a Sinner
O tenista murciano consegue o seu cuarto título ATP da tempada
Foto EFE
G24.gal
02/10/2024 14:45
Última actualización 02/10/2024 14:50
O tenista español Carlos Alcaraz alzouse este mércores co título no Aberto da China tras superar na final de Pequín ao número uno mundial, o italiano Jannik Sinner, por 5(6)-7, 6-4 e 7-6(3).
Nun igualado duelo entre as dúas mellores raquetas do circuíto, o murciano proclamouse campión tras 3 horas e 21 minutos de intercambios na pista central do complexo tenístico da capital do xigante asiático, co que consegue o seu cuarto título ATP da tempada.
Can't. Stop. CARLITOS 🙌
— Tennis TV (@TennisTV) October 2, 2024
The moment @carlosalcaraz completed his 6-7 6-4 7-6 victory over Jannik Sinner for his first #ChinaOpen title! pic.twitter.com/zqCQFwMsJb