Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aldama avisa a Ábalos: "Xa me tocará responder"

Aldama avisa a Ábalos: "Xa me tocará responder"

O empresario di que o luns "tocaralle responder ás súas mentiras"

Ábalos descargou toda a responsabilidade en Koldo e desvinculouse de Aldama

Victor de Aldama declara o luns do Tribunal Supremo
G24.gal 13/12/2024 14:21

Víctor de Aldama, un dos principais procesados no caso Koldo reapareceu en televisión para responder ao exministro socialista, José Luis Ábalos que se desvinculou del. "Xa me tocará a min responder o luns", di o empresario que lle deixa este recado: "Vanse poder desmontar un pouco máis as mentiras deste señor, que ao final, atribúense a este Goberno".

Con todo, o principal damnificado da declaración do exministro, José Luis Ábalos no Tribunal Supremo, non foi Aldama. Foi o seu exasesor, Koldo García.  O que fora numero dous do PSOE responsabilizouno de boa parte dos feitos dos que se lle acusa, como a relación con Aldama, os pagos do alugueiro dun piso a súa exparella ou a contratación desta muller para un posto na estrutura do ministerio de Transportes. O exministro reafírmase en que non cobrou ningunha comisión e comprométese a entregar documentación para probalo. 

O Partido Popular ve a Moncloa detrás da estratexia de defensa do exministro. Di que Pedro Sánchez e Ábalos volveron "traballar xuntos", para coordinar as súas defensas e presentarse como vítimas dunha causa política. Os socialistas evitan entrar no fondo do asunto e só agardan o final do proceso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade