Álex Bergantiños quere deixar o Deportivo no fútbol profesional antes de retirarse
Álex Bergantiños quere deixar o Deportivo no fútbol profesional antes de retirarse
Fixo ante o Calahorra 300 partidos coa camiseta do Deportivo
Álex Bergantiños fixo ante o Calahorra 300 partidos coa camiseta do Deportivo. Coa súa mesura habitual, o capitán valorou o fito:
“É un orgullo para min. Os números redondos sempre son especiais. É un soño chegar a xogar no equipo da miña cidade e facelo durante tanto tempo. Síntome un privilexiado. Trato de gozar do día a día, gozando do camiño, que nesta profesión non sempre é fácil. Cando todo termine vereino en perspectiva e valorarei todo. É unha cifra bonita, pero non deixa de ser un número. O importante segue sendo o presente”.
Bergantiños quere deixar ao Deportivo no fútbol profesional antes de retirarse:
"Gustaríame pechar o meu ciclo deixando o equipo polo menos en Segunda División"
"O día que vexa que non podo achegar, serei o primeiro en apartarme"
#OSNOSOS | Álex Bergantiños convértese no 18º #Deportivista en alcanzar os 300 partidos oficiais https://t.co/WU9n7Zqzy1 pic.twitter.com/J0O9SPfb3k
— RC Deportivo (@RCDeportivo) February 20, 2022