Publicador de contidos
Publicador de contidos

Álex López enfróntase ao seu pasado

Álex López enfróntase ao seu pasado

O ferrolán verase esta noite co filial do Celta, onde xogou unha temporada antes de chegar ao primeiro equipo

Espera rachar o maleficio dos verdes na Malata e enganchar o Racing de Ferrol aos postos altos da clasificación

Valorou o emparellamento de Copa do Rei ante o Albacete

 

G24.gal 18/11/2021 19:22

Esta noite o Racing de Ferrol recibirá o filial do Celta no partido que inaugura a xornada na 1.ª RFEF. Partido especial para o racinguista Álex López, que militou unha temporada no segundo equipo vigués antes de dar o salto ao primeiro equipo. Onte xogaba Ao contraataque e expresaba as súas sensacións:

"O Celta leva anos cunha metodoloxía moi clara na súa canteira. Mestura xogadores da canteira de toda a vida coma Aspas, Mallo ou Kevin con xogadores que trae de fóra pero teñen potencial de primeiro equipo. Gustaríame que o Celta non perda iso, que pense que o máis importante non é ascender a segunda senón seguir coa súa identidade. Eu non me considero canteirán do Celta. Estiven no filial un ano e sempre se me tratou moi ben, coma a un máis, coa sorte de ter a oportunidade de subir ao primeiro equipo".

Un Álex López que tamén valorou o emparellamento de Copa do Rei que enfrontará os verdes co Albacete en terras manchegas:

"Tocounos un bo equipo, pero temos ilusión por facer algo importante na Copa. Queremos pasar e a ver se temos sorte e pode vir un equipo de primeira división á Malata para que os nosos afeccionados poidan gozar dun bo partido".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade