Álex López: "O racinguismo está máis vivo ca nunca"

O capitán do conxunto verde atendeu o Galicia en goles nun acto coa afección

G24.gal 18/11/2023 09:26

No décimo aniversario dunha recoñecida tenda de electrónica e electrodomésticos, o Rácing de Ferrol quixo achegarse un chisco máis á súa afección. Tres xogadores, Carlos Vicente, Álex López e Jesús Bernal, estiveron asinando camisolas a todo aquel que se achegou ao Parque Ferrol durante a tarde do venres. Alí o capitán do conxunto naval puido falar coa Radio Galega do momento que está a vivir o equipo e o club neste regreso á Segunda División.

"Isto era algo que non podía imaxinar. O equipo segue crecendo e o racinguismo está máis vivo ca nunca. Ademais a xente séntese identificada non só co que facemos dentro do campo, senón tamén fóra, cos xogadores acudindo a estes eventos e sendo próximos á xente. O máis importante é xerar un sentimento de pertenza, pero tamén ser recoñecibles en moitos aspectos, en valores. É doado dicilo, pero logo hai que amosalo. A xente é moi agradecida".

O equipo leva unha gran traxectoria na liga, pero Álex quere ser cauto:

"Isto é moi longo. Temos moitas cousas que mellorar, pero hai que gozar. Levamos moito tempo sufrindo, estamos vivindo un momento moi doce e hai que seguir, polo noso camiño, o que temos marcado no obxectivo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade