Louzán confía na xustiza: "Esperanzado de que nos dean a razón, estou contento"
Louzán confía na xustiza: "Esperanzado de que nos dean a razón, estou contento"
O actual presidente da Futgal afirma que non ten contacto con Salvador Gomar
A carreira pola presidencial da Real Federación Española de Fútbol comezou sen tregua e cunha sorpresa de última hora. Salvador Gomar, presidente da Federación Valenciana daba un volantazo e tras renunciar a presentarse como candidato á presidencia da RFEF o pasado xoves, onte martes 3 de decembro, data límite para presentar os avais, decidiu dar un paso adiante e presentar batalla a Rafael Louzán (Galicia) e Sergio Merchán (Estremadura).
Un golpe de efecto que pillou co pé cambiado os seus dous rivais, aínda que Louzán, de momento, non lle hei bota moita conta. Así o dixo no seu paso polo Partidazo da Cope, onde falou sobre todo o que rodea a un proceso electoral, que xa dura demasiado no tempo, e aos seus rivais:
"Falo todos os días con Merchán". E con Gomar? "Non, con ese non falei", aseguraba nos micrófonos da radio.
"Cando suceda haberá que dicilo. Merchán ten unha relación extraordinaria comigo, e cando suceda pois haberá que decidilo".
"Non estou pendente dos demais. Estou pendente de traballar polo fútbol galego e cando me tocaba, tratar de contribuír e axudar ao fútbol español a resolver os seus conflitos", asegurou o xa candidato.
Louzán confía na xustiza.
"Esperanzado de que nos dean a razón, é unha vitoria. Estou contento".