Cargando resultados...
Alexia Putellas recibe a alta médica da súa grave lesión e entra na convocatoria
Alexia Putellas recibe a alta médica da súa grave lesión e entra na convocatoria
Jonatan Giráldez convocouna para a volta das semifinais da Liga de Campións
G24.gal
26/04/2023 15:56
Última actualización 26/04/2023 16:07
A capitá do Barcelona, Alexia Putellas, recibiu a alta médica da grave lesión no xeonllo esquerdo que padeceu o pasado mes de xullo e entrou na convocatoria para a volta das semifinais da Liga de Campións que o equipo azulgrana xogará este xoves contra o Chelsea.
O proceso de recuperación de Putellas foi longo. Concretamente, necesitou 9 meses e 21 días para recuperarse da grave lesión no xeonllo. Desta maneira, a futbolista de Mollet do Vallès xa está a disposición do técnico galego Jonatan Giráldez, que decidiu convocala para o partido contra o equipo inglés, ao que o Barcelona gañou na ida (0-1).
Squad 💪💙❤️ pic.twitter.com/yCWKAuDIXg
— FC Barcelona Femení (@FCBfemeni) April 26, 2023