Publicador de contidos
Publicador de contidos

Altercados nas celebracións do 1º de maio en Francia

Altercados nas celebracións do 1º de maio en Francia

291 detidos e incidentes violentos en varias cidades

108 policías quedaron feridos

A polémica suba da idade de xubilación, protagonista das marchas

Antón Montero 01/05/2023 18:05 Última actualización 01/05/2023 20:31

En varias cidades francesas, a celebración deste primeiro de maio desembocou en altercados. Algúns manifestantes esnaquizaron escaparates e mobiliario urbano, ou queimaron vehículos en París, Nantes ou Lión.

Os enfrontamentos cos axentes antidisturbios remataron con 291 de detencións. Un total de 108 axentes das forzas da orde resultaron feridos un deles con queimaduras graves. O ministro do Interior francés destacou que na inmensa maioría das 300 manifestación que convocaron os sindicatos por todo o país non houbo problemas, pero, dixo que, en calquera caso, "108 policías feridos un Primeiro de Maio é extremadamente grave".

As protestas estiveron este ano marcadas pola suba da idade de xubilación aprobada polo Goberno hai 15 días en medio dunha forte contestación popular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade