Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alxeria mantén o bloqueo bancario ás exportacións e importacións españolas

Alxeria mantén o bloqueo bancario ás exportacións e importacións españolas

Non afectaba as operacións anteriores ao día 10 nin a outras transaccións que non sexan comerciais

G24.gal 13/06/2022 09:07

O Goberno alxeriano reuniu este domingo o seu Consello de Ministros e ratificou a decisión da banca de conxelar os pagos ás importacións de España, matizando que non afectaba as operacións anteriores ao día 10 nin a outras transaccións que non sexan comerciais.

O Goberno español manda unha mensaxe de tranquilidade. Di que a subministración de gas non está en risco e confía en recuperar o comercio entre os dous países. E insiste en que a crise tamén é competencia da Unión Europea.

Na oposición, o Partido Popular responsabiliza o Goberno da crise diplomática e resalta as diferenzas entre PSOE e Podemos.

Alxeria defende o seu dereito a suspender o tratado de amizade con España por un desacordo político bilateral e rexeita a implicación da Unión Europea. Di que esperaban unha explicación do Goberno de Sánchez sobre o xiro respecto ao Sáhara que nunca chegou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade