Amancio Ortega cobra o martes 1.108 millóns de euros polos dividendos de Inditex
Amancio Ortega cobra o martes 1.108 millóns de euros polos dividendos de Inditex
O empresario percibirá o dobre no conxunto do ano por ese concepto: 2.217 millóns de euros
O empresario Amancio Ortega ingresará este 2 de maio 1.108 millóns de euros na primeira entrega de dividendos que fai Inditex no ano. Pero esa cantidade é só a metade do que percibirá no 2023.
En total, vai recibir 2.217 millóns de euros neste exercicio anual, bastante máis dos 1.718 millóns que lle aboaron o ano pasado, e isto débese á boa marcha de Inditex.
O grupo téxtil paga o martes un dividendo de 0,60 euro por acción e o 2 de novembro igual cantidade. Amancio Ortega ingresa unha cifra tan importante porque posúe o 59 % das accións do grupo.
Unha tendencia habitual é que invista a maior parte dos dividendos no sector inmobiliario a través da súa empresa Pontegadea Inmobiliaria. Esta firma é propietaria de edificios estratéxicos en España, o Reino Unido, os Estados Unidos e varias cidades de Asia.