Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ana Pontón pide o apoio para o candidato do BNG á alcaldía de Ourense

Ana Pontón pide o apoio para o candidato do BNG á alcaldía de Ourense

Luís Seara concorrerá pola formación nacionalista ás municipais de 2023 

G24.gal 06/07/2022 16:57

 A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, pediu hoxe en Ourense o apoio para o seu partido para abrir "un tempo novo" e "deixar atrás a páxina máis triste da súa historia recente", da man do candidato Luís Seara.

Coa vista posta nas municipais de 2023, a portavoz nacionalista confirmou que Seara será o candidato nacionalista nas próximas municipais co reto de que a cidade "avance".

"Luís Seara é o alcalde que Ourense necesita para abrir un tempo novo e dar un futuro a esta cidade, desde a dignidade, con orgullo e aproveitando todo o potencial que ten", declarou Pontón, quen convidou a cidadanía para "mirar o futuro con esperanza, con ilusión, con confianza", dixo Ana Pontón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade