Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ancelotti, antes de xogar en Braga: "Se digo o que penso dos árbitros, suspéndenme"

Ancelotti, antes de xogar en Braga: "Se digo o que penso dos árbitros, suspéndenme"

O Real Madrid pode sentenciar o seu pase aos oitavos de final da Liga de Campións

O Sevilla e a Real Sociedade xogan partidos fundamentais para o seu futuro na Champions

G24.gal 23/10/2023 20:13

Semana de Champions. O Real Madrid viaxou a Braga, onde este martes se enfrontará ao Sporting. Os de Ancelotti suman os seis puntos que xogaron na competición europea con dúas vitorias ante o Unión Berlín e ante o Nápoles. Un novo triunfo en Portugal daríalle a tranquilidade suficiente para verse en oitavos á metade da fase de grupos.  Nin Güler nin Ceballos se recuperan para o partido.

Ancelotti: "Non teño liberdade de expresión para falar dos árbitros. Se digo o que penso, suspéndenme".

O Sevilla recibe o Arsenal, e a Real Sociedade viaxa a Lisboa

Tamén o martes xoga o Sevilla, no Sánchez Pizjuán, ante o Arsenal. Tras a estrea de Diego Alonso no banco fronte ao Real Madrid, o técnico uruguaio debutará na Champions. Os andaluces aínda non gañaron na competición europea, suman dous empates, agárdase ambientazo para recibir o Arsenal.

Tamén en Portugal xoga a Real Sociedade, será en Lisboa contra o Benfica. Imanol conta coas ausencias dos lesionados Odriozola, Tierny e André Silva. Os vascos son líderes do seu grupo tras un empate e unha vitoria, o Benfica aínda non conseguiu puntuar, e con iso a vitoria para os portugueses é importante para seguir vivos na competición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar