Publicador de contidos

Publicador de contidos

Angeliño ficha polo Galatasaray turco

Angeliño ficha polo Galatasaray turco

Chega como cedido dende o RB Lepizig, mais existe unha opción de compra obrigatoria

G24.gal 14/07/2023 14:28

Angeliño abandona Alemaña e viaxará ata a capital turca para fichar polo Galatasaray.

O de Coristanco non contaba para o seu adestrador no RB Leipzig e con iso viuse obrigado a marchar cedido ao Hoffenheim. Alí fixo unha boa tempada dende o carril esquerdo, onde achegou un gol e unhas brillantes doce asistencias.

O lateral de 26 anos chega ao campión da liga turca tras un pago de 1,5 millóns de euros pola súa cesión e cunha opción de compra obrigatoria de seis millóns de euros ao final de tempada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade