Publicador de contidos
Publicador de contidos

Anthony Polite, reforzo exterior para Breogán

Anthony Polite, reforzo exterior para Breogán

Mide 1,98, ten 25 anos e procede do Hamburgo alemán

Foto @CBBreogan
G24.gal 20/06/2023 12:07 Última actualización 20/06/2023 12:14

O C. B. Breogán e Anthony Polite chegan a un acordo para que forme parte do equipo celeste durante a tempada 2023-24. O exterior de 1,98 e 25 anos procede do Hamburgo alemán.

Polite é un xogador con bo físico e envergadura, moi completo, capaz de achegar en rebote, defensa e anotación. A súa polivalencia permítelle ocupar posicións de escolta e aleiro indistintamente.

No seu primeiro ano en Europa debutou en Euroliga no Asvel, posteriormente xogou en Hamburgo onde destacou en Liga Alemá e Eurocup promediando 15,6 puntos e 5 rebotes en oito partidos de competición europea e 13,2 puntos e 5,2 na Liga alemá.

Nacido en Lugano, Suíza o 25 de Xuño de 1997, formouse en Estados Unidos en Saint Andrew’s School e Florida State (NCAA).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar