Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Breogán esnaquiza os prognósticos derrotando o Barcelona (77-70)

O Breogán esnaquiza os prognósticos derrotando o Barcelona (77-70)

Charlie Moore (21 puntos) e Hilliard (18) estiveron a un nivel moi alto

O equipo lugués fixo un parcial de 8-3 no último minuto

G24.gal 10/11/2024 20:10

O Río Breogán conseguiu a segunda vitoria da temporada cando menos se agardaba. Recibía no Pazo o todopoderoso Barcelona pero o equipo lugués completou un gran partido e acadou unha vitoria que sutura definitivamente as feridas abertas a semana pasada contra o Zaragoza. 

A saída dos de Mrsic foi perfecta. Hilliard e Eric Vila anotaban con facilidade (8 puntos os dous no primeiro cuarto) para completar os dez primeiros minutos cun 27-17. A diferenza chegou a ser de trece puntos no segundo cuarto. Malia iso o Barcelona non desesperou e chegou ao descanso co partido igualado (38-36) grazas ao traballo do ex breoganista Justin Anderson. 

O partido mantívose completamente igualado no terceiro cuarto. Deu o Breogán un pequeno arreón (52-47) que foi un espellismo porque o último cuarto comezou outra vez con empate (56-56). O desenvolvemento do partido levábanos a un desenlace nos últimos minutos e aí o Barcelona adoita impoñer a súa calidade e experiencia. Pero foi o Breogán o que mellor se manexou grazas a un Charlie Moore que estivo excepcional. Cinco puntos consecutivos do base do Breogán permitiron que collese unha vantaxe definitiva (77-70) a trece segundos para o final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos