Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antía Chamosa "Oxalá poida estar nos Xogos Olímpicos de París 2024"

Antía Chamosa "Oxalá poida estar nos Xogos Olímpicos de París 2024"

A marchadora pontevedresa acaba de rematar décimo sexta no Campionato do mundo por nacións celebrado en Omán

Este ano loitará por un oco nos Campionatos de Europa e do Mundo que se celebrarán en Múnic e Oregon respectivamente

A cita olímpica en Francia é o seu grande obxectivo a medio prazo

G24.gal 08/03/2022 20:54

A marchadora  Antía Chamosa xogou onte Ao contraataque. A pontevedresa falou das súas aspiracións a curto e medio prazo despois de rematar na décimo sexta posición no pasado Campionato do mundo de seleccións disputado en Omán:

"Estou moi contenta polo resultado acadado no mundial. Foi un campionato moi difícil. Sempre hai que pensar en grandes obxectivos. Oxalá poida estar en París 2024. É moi complicado clasificarse polo nivel altísimo que ten a marcha española. Agora toca buscar oco para o Campionato de Europa e do Mundo. A seguir collendo experiencia para poder chegar aos Xogos Olímpicos de 2024. Sería un soño".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade