Antonio Couceiro, sobre a renovación de Noel: "A pelota está no seu tellado”
Antonio Couceiro, sobre a renovación de Noel: "A pelota está no seu tellado”
Sobre o fondo de investimento: "A opinión, a posición apriorística de Escotet terase en conta, pero a nosa obriga é analizar todas as alternativas posibles"
Antonio Couceiro, presidente do Deportivo, foi o protagonista dos Almorzos da APC no Hotel Finisterre. O mandatario branco e azul analizou a actualidade do club, ademais de mostrarse totalmente seguro de conseguir o ascenso directo esta tempada. Doutra banda, explicou en que punto están as renovacións tanto de Noel como de Villares.
“Por parte do Deportivo temos a absoluta tranquilidade de que chegamos onde podemos chegar na contorna no que estamos e as capacidades económicas. Entendemos que a proposta é atractiva e a decisión está nel e na súa contorna"
Sobre o fondo de investimento da Liga, o presidente do Deportivo non desbota nada:
"A opinión, a posición apriorística de Escotet terase en conta, pero a nosa obriga é analizar todas as alternativas posibles"
Antonio Couceiro incidiu na necesidade de ascender para obter máis recursos:
"O Deportivo está en 1ª Federación malia ser un equipo que por historia, afección e instalacións é de Primeira pero que non pode xerar recursos nesta categoría. É imperioso subrir a Segunda"