Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arabia goza cun recital ofensivo do que sae vencedor o Real Madrid (5-3)

Arabia goza cun recital ofensivo do que sae vencedor o Real Madrid (5-3)

O Atlético tivo a eliminatoria na man cun 2-3, pero Carvajal empatou no 85 e levou o partido á prórroga

No 116 do tempo suplementario, o de Silleda Joselu puxo o 4-3

G24.gal 10/01/2024 22:49

O Real Madrid é o primeiro finalista da Supercopa de España (que se xoga en Arabia) logo de gañarlle ao Atlético nun espectacular partido por 5-3. Os de Simeone tiveron o pase na man, pero un gol de Carvajal a cinco minutos do final levou o partido á prórroga. 

O primeiro tempo amosou o que ía ser a semifinal madrileña. Hermoso adiantou o Atlético no minuto 6. No 20 e no 30, Rudiger e Mendy déronlle a volta ao partido, e Griezmann puxo o empate a dous antes do descanso. 

A cousa semellara calmarse no reinicio, ata que no 78 Rudiger volveu marcar, desta volta en propia porta. O Real Madrid arriscou e foi outro defensa, Carvajal, o que levou o partido ao tempo suplementario. 

As forzas estaban xustas pero no último suspiro un remate de Joselu desviado por Savic acabou na rede. Ao Atlético tocoulle lanzarse e, con todo o equipo ao ataque, recibiu o definitivo 5-3, marcado por Brahim, dun Real Madrid que xa agarda rival. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade