Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Barcelona supera ao Osasuna (2-0) e cítase na final da Supercopa co Real Madrid

O Barcelona supera ao Osasuna (2-0) e cítase na final da Supercopa co Real Madrid

Lewandowski e Lamine Yamal marcaron na segunda parte

Arbitrou o partido o pontevedrés Muñiz Ruíz

G24.gal 11/01/2024 21:36 Última actualización 11/01/2024 21:53

O Barcelona resolveu pola mínima o partido contra o Osasuna e medirase na final da Supercopa ao Real Madrid. Partido moi igualado ante un equipo navarro que tamén gozou de boas oportunidades. O partido foi asubiado polo árbitro pontevedrés Muñiz Ruíz. 

O equipo de Xavi tivo a posesión no primeiro tempo pero sen unha circulación rápida. Lewandowski tivo a máis clara cun remate cruzado que sacou Herrera. O Osasuna defendeu ben e saíu con perigo á contra. Budimir e Arnaiz deron os avisos que solucionou o porteiro Iñaki Peña. O peor para o Barça foi a lesión de Raphinha, que tivo que ser subistituído por Yamal. 

No segundo tempo chegou o gol de Lewandowski (minuto 59) nunha xogada en que Osasuna pediu unha falta anterior. O Barcelona tívoas claras para sentenciar, pero non pechou o partido e deulle vida ao seu rival. O definitivo 2-0 chegou cos navarros en ataque e con Lamine Yamal aproveitando unha contra para marcar o gol que pechaba o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade