Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arquivan a denuncia contra a xuíza que incluíu "Galicia profunda" nun auto

Arquivan a denuncia contra a xuíza que incluíu "Galicia profunda" nun auto

Na sentenza outorgáballe a custodia dun menor ao seu pai  

G24.gal 03/12/2021 16:37

O Consello Xeral do Poder Xudicial arquiva a denuncia contra a xuíza que privaba unha muller de Muros da custodia do seu fillo, entre outras cousas, por vivir "na Galicia profunda".

A denuncia presentouna a avogada da nai do pequeno, que consideraba que esa expresión podía non axustarse a dereito ao discriminar unha persoa polo lugar onde vive e crear prexuízos contra o rural.

O Poder Xudicial non entra a valorar o contido do auto e rexeita a denuncia por un defecto de forma. Argumenta que o procedemento tiña que remitilo o Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, e que ao tratarse dunhas medidas cautelares non son recorribles.

O auto provocara polémica ao argumentar a xuíza  que a nai levara o pequeno a unha aldea da "Galicia profunda" en vez de brindarlle as posibilidades de vivir na "cosmopolita" Marbella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade