Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arranca a LX Festa do Marisco do Grove

Arranca a LX Festa do Marisco do Grove

Espéranse milleiros de visitantes ata o 15 de outubro

O evento foi declarado de Interese Turístico Nacional en 2013

Antón Montero 05/10/2023 21:07 Última actualización 05/10/2023 21:22

Comezou unha das festas gastronómicas máis veteranas de Galicia. A Festa do Marisco do Grove fai 60 anos e as expectativas non poden ser mellores. Os organizadores esperan superar os 110.000 visitantes do ano pasado.

Unha carpa de 3.000 metros cadrados protexerá a todos os visitantes que se acheguen a degustar algún dos 23 pratos a base de berberechos, navallas, percebes ou zamburiñas preparados para a ocasión. A festa durará ata o 15 de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar