Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arximiro Marnotes: "Non era o obxectivo, pero é unha satisfacción"

Arximiro Marnotes: "Non era o obxectivo, pero é unha satisfacción"

O presidente do Arenteiro amosase orgulloso do título acadado na Copa Federación

G24.gal 05/11/2022 14:42 Última actualización 05/11/2022 15:05

Mañá de actos e celebracións no Carballiño para festexar o histórico título que xa adorna as vitrinas do conxunto ourensán. Presidente, directiva, corpo técnico e cadro de xogadores foron recibidos polas autoridades locais no Concello. Alí estivo o Galicia en goles para conversar cos protagonistas. Un deles foi o presidente Arximiro Marnotes.

"Sempre dixemos que non era un obxectivo, comezamos na pretemporada coma unha forma para coller o ritmo e fomos pasando roldas. Poder ter na vitrina este título, para unha vila coma o Carballiño, é un orgullo. É como unha Copa do Rei para os equipos e as vilas pequenas. Estamos moi contentos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar