As autoestradas de titularidade autonómica subirán un máximo de cinco céntimos
As autoestradas de titularidade autonómica subirán un máximo de cinco céntimos
O presidente da Xunta contrapón as subas de peaxes das autoestradas de titularidade estatal coas da Xunta, que apenas ven aumentado o seu prezo
Galicia agarda que a transferencia da AP-9 sexa realidade no 2025. O presidente da Xunta contrapón as subas de peaxes das autoestradas de titularidade estatal coas da Xunta, que apenas vén aumentado o seu prezo. Despois de anos conxeladas, no 2025 a suba máxima das autoestradas autonómicas será de 5 céntimos.
"Levábamos anos coas peaxes conxeladas, mentres viamos como había subidas históricas nas peaxes das autoestradas de titularidade estatal, empezando pola AP-9. Este ano simplemente aplicamos a suba do IPC e en moitos tramos non haberá subidas; en calquera caso, a subida máxima será de 5 céntimos. Creo que seguimos aplicando unha política moi prudente", asegura Alfonso Rueda