Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soben as peaxes da AP-9: viaxar entre Vigo e A Coruña custa xa máis de 20 euros

Soben as peaxes da AP-9: viaxar entre Vigo e A Coruña custa xa máis de 20 euros

O prezo da peaxe na Autoestrada do Atlántico incremétanse de media un 5,34 %

Na AP-53 as tarifas soben un 3,89 % en 2025

G24.gal 31/12/2024 14:21 Última actualización 01/01/2025 16:24

O incremento das peaxes da AP-9 para o ano 2025 duplica o do IPC de decembro, que pechou 2024 nun 2,8 %. O Ministerio de Transportes destaca que as bonificacións aumentan para os usuarios frecuentes e os transportistas.O prezo da peaxe na Autoestrada do Atlántico subirá de media un 5,34 %.Pero a suba non é uniforme. Cada treito ten un custe por quilómetro diferente e unha suba diferente.

Así as cousas, por exemplo, o treito entre Ferrol e A Coruña pasa a custar 5,90 euros; ir da Coruña a Santiago custa 8,40; de Santiago a Pontevedra, 7,20; e de Pontevedra a Vigo 4,85. Facer o traxecto completo desde Ferrol a Tui custará 26,85 euros desde este primeiro de xaneiro, e facelo desde A Coruña a Vigo 20,45 euros, tras subir algo máis dun euro. 

Prezo das peaxes publicada por Audasa a partir deste 1 de xaneiro

Ademais, as bonificacións para transportistas e condutores frecuentes tamén se aplicarán na AP-53, onde as tarifas subirán un 3,89 % a partir deste mércores.

Segundo o Ministerio de Transportes, o incremento autorizado responde, fundamentalmente, ao crecemento do índice de prezos ao consumo, tal como contempla a Lei, e ás medidas extraordinarias e temporais aprobadas a finais de 2022 para limitar a alza das peaxes ao 4 % en 2023.

A finais de 2022, habilitouse unha subvención para mitigar os efectos da alta inflación, xa que se debería aplicar unha subida de entre o 8,4 % e o 9,5 %, e estableceuse a obrigación de eliminar a devandita subvención a finais de 2026, é dicir, de ila repercutindo ao usuario de formagraduada no prazo de tres anos.

Hai que ter en conta que a subida de tarifas é acumulativa, de aí a necesidade de repercutir novamente ao usuario a diferenza que non abonou en 2023, aínda que aos poucos.

De non continuar en 2025 coas subvencións xa previstas, a alza das peaxes oscilaría entre o 5,98 % e o 7,72 %

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade