Publicador de contidos
Publicador de contidos

Así serán as rebaixas na AP-53 que entran en vigor en xaneiro

Así serán as rebaixas na AP-53 que entran en vigor en xaneiro

Serán para condutores que a utilicen como mínimo 20 días ao mes

Os beneficiarios pagarán un cuarto do prezo de cada viaxe de ida e volta que fagan

G24.gal 18/12/2024 16:04 Última actualización 18/12/2024 20:43

Os usuarios da Autoestrada Central Galega, a AP-53, que enlaza Santiago co Alto de Santo Domingo, terán rebaixa no pago da peaxe a partir do un de xaneiro.

A medida  forma parte do acordo de investidura do Goberno co BNG.

Os descontos teñen varios condicionantes. De entrada, só se terán rebaixa os condutores que usen a autoestrada un mínimo de 20 días ao mes. Ademais, eses condutores terán que usar a telepeaxe.

Os usuarios que cumpran estas condicións aboarán unicamente un cuarto de cada viaxe de ida e volta que fagan.

56 quilómetros escasos separan a capital galega do alto de Santo Domingo, en Dozón. Percorrelos custa actualmente seis euros con setenta céntimos, o que a converte nunha das máis caras do país.

A AP-53 é nestes momentos a única autoestrada de España sen ningún tipo de bonificacións para os usuarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade