Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha condutora que caeu co coche ao río en Ponteceso

Falece unha condutora que caeu co coche ao río en Ponteceso

A vítima quedou atrapada no vehículo e tivo que ser rescatada polos bombeiros de Carballo

G24.gal 18/12/2024 17:45 Última actualización 18/12/2024 20:10

Unha muller de 56 anos faleceu na tarde do mércores ao caer ao río Anllós co vehículo que estaba conducindo.

A vítima quedou atrapada no vehículo e tivo que ser rescatada polos bombeiros de Carballo.

O suceso ocorreu pasadas as catro da tarde á altura da avenida Eduardo Pondal.

Ademais dos bombeiros, ata o lugar achegáronse o GES de Ponteceso e efectivos do 061.

Os equipos de emerxencias intentaron reanimala sen éxito.

Nestes momentos investíganse as causas do sinistro.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade