Publicador de contidos
Publicador de contidos

A recta da Tablilla na AC-413 xa ten radar

A recta da Tablilla na AC-413 xa ten radar

É un dos tramos coa maior sinistralidade da provincia da Coruña na última década

Polo de agora é de carácter informativo e non sanciona
 

O novo dispositivo informa da velocidade real á que se transita
G24.gal 16/12/2024 15:09

"Había a famosa movida en Ordes, agora baixou bastante, pero ben, si que había sinistralidade, porque pasaban os rapaces a moi alta velocidade", recordaban hoxe os veciños da Tablilla.

Na memoria dos veciños están moi presentes os accidentes, algúns deles con saldo mortal que se produciron no tramo de dous quilómetros da AC-413, coñecido como a recta da Tablilla.

"Morreron uns rapaces alí queimados, despois houbo outro atropelo que morreu outro señor".

 "Si que houbo, a verdade que houbo, máis dun".

Na última década morreron alí 4 persoas e resultaron feridos moi graves ao redor dunha ducia e é por iso que os alcaldes de Cerceda e Tordoia levaban tempo reclamando unha solución, a máis inmediata, a instalación de lectores de matrícula.

 "Sei que o puxeron porque mo dixeron, pero pensei que fora o outro día só, non sabía que era fixo".

 "Pero, xa funciona? Ai si?, pois acabo de pasar por alí para alá".

 "Acabo precisamente de pasar por el e avisoume que ía a un quilómetro un pouco por riba, pero paréceme ben, e deberían de poñelo tamén do outro lado".

Ao outro lado instalarán outro radar en breve e ambos os dous dispositivos teñen unha misión pedagóxica, non sancionadora, polo que só informan da velocidade real á que se transita. 

"A algúns failles boa falta, ao mellor collemos outros que non o merezamos un día, pero a algúns fai falta, eh!", dicía unha muller.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade