Publicador de contidos
Publicador de contidos

As farmacéuticas proban as vacinas contra a covid–19 en menores

As farmacéuticas proban as vacinas contra a covid–19 en menores

Moderna anuncia resultados prometedores tras inxectárllela a 4.700 participantes

G24.gal 26/10/2021 08:33

A farmacéutica Moderna anunciou este luns que a súa vacina contra a covid-19 dá resultados prometedores para os nenos de seis a doce anos. Inxectáronllela a máis de 4.700 participantes nos ensaios clínicos.

A maioría notou efectos secundarios leves. A principios de outubro, Pfizer e BioNtech solicitaron á Administración de Medicamentos e Alimentos estadounidense a autorización para usar a súa vacina en nenos de cinco a once anos.

A semana pasada, Pfizer publicou que a efectividade da vacina nese grupo de idade é do 90 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos