Publicador de contidos
Publicador de contidos

As luces de Nadal de Ribadavia enchen a vila de visitantes

As luces de Nadal de Ribadavia enchen a vila de visitantes

Da mañá ata a noitiña, cando se acende a iluminación dourada, Ribadavia é estes días un fervedoiro de xente

As luces están prendidas desde as 18:15 atas as 02:00 da mañá, a veciñanza asegura que hai máis xente diariamente que nunha Festa da Istoria

G24.gal 30/12/2024 15:03

A febre das luces non se detén. Ribadavia énchese estes días de turistas que queren contemplar a iluminación desta vila, que gañou un coñecido concurso de iluminación de Nadal.

A praza, o castelo e a ponte son os puntos máis concorridos. Comerciantes, hostaleiros e veciños están encantados. E os que veñen poden descubrir o patrimonio histórico e natural da comarca do Ribeiro.

Desde a mañá á noitiña, cando acenden as luces, non para de chegar xente e a maioría di que quedan abraiados coa beleza e a riqueza monumental da vila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade