Publicador de contidos
Publicador de contidos

Besteiro desexa un 2025 con defensa da Galicia "real" e co compromiso de traballar para que sexa "mellor"

Besteiro desexa un 2025 con defensa da Galicia "real" e co compromiso de traballar para que sexa "mellor"

No vídeo que compartíu nas redes sociais, o líder dos socialistas galegos cociña un capón de Vilalba na localidade lucense e fala con xente nova de asuntos como a vivenda

G24.gal 31/12/2024 13:26

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, desexou aos galegos e galegas un feliz 2025 facendo a receita dun capón de Vilalba e rodeado, entre outros, de xente nova para expoñer "os problemas da Galicia real".

Tamén para expresar as esperanzas dun 2025 "mellor" e co compromiso do dirixente socialista de "facer o posible para que así sexa".

O vídeo, que pode verse a través de redes sociais, ofrece unha imaxe cordial de Besteiro saudando na rúa e compartindo impresións sobre cuestións como a lotería de Reis coa alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.

Así mesmo, expresa a esperanza de que se lle conceda ao municipio a declaración de Festa de Interese Turístico, que non lle deron nesta ocasión, para logo desprazarse a facer a receita do capón, acompañado, entre outras persoas, da rexedora e de mozos.

Con eles fala da falta de pisos e dos prezos elevados que lles impiden, expón unha delas, acceder a unha vivenda, ou dos problemas dos que queren volver a Galicia. "Quero volver, cun pouco de sorte, en 2025", sinala outra.

Isto con mensaxe de Besteiro incidindo na "Galicia real, a de todos os días", pero coa confianza de que 2025 sexa "mellor" e que se cumpran os desexos dos galegos e galegas. "Vou facer o posible para que así sexa. Feliz ano!", termina o vídeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar