As novidades do Breogán renden a bo nivel na presentación diante dos seareiros
As novidades do Breogán renden a bo nivel na presentación diante dos seareiros
O base Charlie Moore, con 17 puntos, e o aleiro Hilliard con 14 foron os máximos anotadores
Estrea vitoriosa do Breogán diante da súa afección. No torneo en que presenta o proxecto na ACB para a temporada 24-25, deixou boas sensacións contra o KK Zagreb de Croacia, que derrotou por 75-66. Dominou o partido en todo momento desde o 4-0 inicial e chegou a ter unha máxima vantaxe de 17 puntos.
No primeiro cuarto marchou con claridade, cun Sakho moi atinado cara o aro rival. A diferenza foise ata os catorce puntos (26-12) e mantívose ata o descanso nos mesmos números (44-30) sen que o conxunto croata puidera meterse no encontro.
A facilidade para ver o aro rival dos exteriores Charlie Moore e Hilliard foi o que máis gustou aos afeccionados. Tamén deixaron boas sensacións Apic e Aranitovic. Todos eles estiveron por riba dos dez puntos. A vitoria nunca pasou por apuros, porque a marxe que tivo o Breogán sempre estivo arredor dos dez puntos.