Publicador de contidos
Publicador de contidos

As previsións económicas do Banco de España para o 2024, por María Loureiro

As previsións económicas do Banco de España para o 2024, por María Loureiro

A inflación dos alimentos baixará nos próximos trimestres, xa que o 70 % da cesta da compra está desacelerándose

G24.gal 20/09/2023 08:11

O Banco de España (BE) publicou o seu informe trimestral de previsións económicas, en que mellorou de forma xeneralizada as cifras respecto ao publicado no anterior informe de marzo deste ano.

En resumo, no 2023, espérase que o PIB medre 2,3 % (vs +1,6 % anterior). Este aumento do PIB ata o 2,3 % tamén está referendado pola OCDE, sendo España un dos países que máis medra este ano no contexto da OCDE, e especialmente na Eurozona, cuxo crecemento medio está ao redor do 0,6 % este ano.

Para o ano 2024, o crecemento do PIB español recórtase ata un 1,8 %, con respecto ao 2,2 % inicialmente previsto. Aínda así, este crecemento no 2024 segue a ser superior ao da Eurozona, que predí un incremento do 1,5 %.

No plano dos prezos, as noticias empeoran algo máis en opinión do Banco de España, cunha revisión á alza da taxa xeral media en catro décimas para 2023, ata o 3,6 %, e en sete décimas para 2024, ata o 4,3 %. Para 2025, o Banco de España mantén a súa previsión no 1,8 %. 

Para o ano en curso, a revisión do IPC débese, principalmente, á repunta experimentada polos prezos do petróleo durante o verán, que na actualidade rondan case os 90 dólares/barril.

Pola súa banda, para 2024, a revisión á alza explícase, en parte, pola retirada das medidas aprobadas polo Goberno para facer fronte á guerra en Ucraína, tales como a redución do IVE de moitos produtos agroalimentarios, as rebaixas fiscais das facturas de electricidade, entre outras, ademais da tendencia alcista dos combustibles.

Para o próximo ano, a institución espera que a inflación alcance máximos do 5 % a mediados de 2024 para despois descender. En canto á inflación dos alimentos, o organismo estima que a taxa presentará un “perfil descendente” nos próximos trimestres (o 70 % de alimentos da cesta da compra estase desacelerando), debido ao descenso dos custos dalgúns insumos produtivos, como a enerxía e os fertilizantes, tras os fortes incrementos que estes rexistraron durante boa parte do ano pasado.

En definitiva, teremos que esperar a ver se existen actualización nas predicións, pero todo parece indicar que o aumento dos prezos pode darnos dor de cabeza no 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade