As próximas eleccións europeas celebraranse do 6 ao 9 de xuño de 2024
As próximas eleccións europeas celebraranse do 6 ao 9 de xuño de 2024
“Xa é hora. De reformar. De cambiar”, anúnciao a presidenta da Eurocámara, Roberta Metsola
As próximas eleccións ao Parlamento Europeo terán lugar do 6 ao 9 de xuño nos Vinte e sete, segundo aprobaron este mércores os embaixadores dos estados membros da Unión Europea (UE).
A través dunha mensaxe no seu perfil de Twitter, a presidenta da Eurocámara, Roberta Metsola, animou a votar a todos os europeos neses comicios e sinalou que “tes a oportunidade de elixir do 6 ao 9 de xuño de 2024”. “Xa é hora. De reformar. De cambiar”, salientou.
It's time.
— Roberta Metsola (@EP_President) May 17, 2023
To reform. To change.
To keep listening, keep explaining and keep delivering.
To recapture the sense of hope and possibility that the EU offers.
You have the chance to choose.
6th - 9th June 2024.
Vote. pic.twitter.com/R6WWjI7IP3
Metsola tamén subliñou que coas eleccións chega o momento de “seguir escoitando, seguir explicando e seguir cumprindo”. “De recuperar o sentido de esperanza e posibilidade que ofrece a UE”, concluíu.
As eleccións europeas celébranse cada cinco anos e estas serán as primeiras despois de materializarse a saída do Reino Unido da Unión Europea, que reduciu en 2020 o número de escanos a 705.