Publicador de contidos
Publicador de contidos

As tarifas da AP-9 aumentan un 6,55 % coa entrada do ano novo

As tarifas da AP-9 aumentan un 6,55 % coa entrada do ano novo

É unha das infraestruturas viarias que máis se encarecen de todo o país

A peaxe da AP-53 entre Santiago e o alto de Santo Domingo custa 6,70 euros

G24.gal 31/12/2023 19:41 Última actualización 31/12/2023 20:09

Na última fin de semana do ano, o Ministerio de Transportes comunicou que a AP-9 ía ser unha das infraestruturas viarias de todo o país que máis se encarecería neste 2024.

As tarifas da principal vía de comunicación galega aumentan un 6,55 % de media en todos os tramos. A partir deste luns, circular entre Vigo e A Coruña custa máis de 19 euros. A viaxe de Ferrol a Tui custa algo máis de 25.

"Repercute en que sexamos menos competitivos e que teñamos custos moi por riba doutras zonas que teñen autoestradas vencidas, gratuítas para os cidadáns e que neste caso os galegos sempre somos os españois de terceira. Eu faría un chamamento os cidadáns porque temos eleccións e hai que esixir ao goberno central que nos trate do mesmo xeito", di Diego Maraña, de En Colectivo.

É a primeira suba despois da entrada en vigor, en agosto pasado, da prórroga concedida a Audasa polo goberno de Aznar, que lle permite a esta empresa xestionar a AP-9 ata o ano 2048. 

A peaxe da AP-53 entre Santiago e o alto de Santo Domingo tampouco é das que menos sobe, un 5 % máis. Pasa dos 6,40 euros aos 6,70.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade