OPINIÓN
As tres realidades galegas, por Venancio Salcines
Galicia, atendendo aos datos da EPA, mostra tres realidades. A primeira márcana Lugo e A Coruña, en termos de emprego masculino pódese afirmar que están en pleno emprego. A Coruña, cunha taxa de paro masculina do 5,9 %, é a sexta con mellores datos de España; Lugo, con 6,8 %, tamén se sitúa entre as provincias españolas con menor taxa de paro. En canto a emprego feminino, Lugo (7,18 %) é das mellores de España, ocupa a sexta posición e A Coruña anda cerca, cun 8,64 %.
A segunda realidade móstraa Pontevedra, cunha taxa de paro masculina moi boa, 8,20 %, maior ca a de Lugo ou Ourense, pero que, igualmente, rolda o pleno emprego. Ten un peor comportamento en paro feminino, cun 11,7 %, que indica que queda camiño por percorrer.
A terceira realidade é Ourense, con mal comportamento tanto en paro masculino, 12,58 %, como en feminino, 10,82 %.
Por tanto, temos dúas provincias con excelentes datos de emprego, tanto masculino como feminino, A Coruña e Lugo. Outra, Pontevedra, con datos moi aceptables en paro masculino e mellorables en feminino, e Ourense, que ten camiño por recorrer, tanto en paro masculino como feminino.